A D-glicosa é o principal combustible da maioría das células e organismos . A glicosa é rica en enerxía; a súa oxidación completa a CO2 e H2O rende unhas 4 kcal/g.
A glicólise é a parte inicial da degradación ou catabolismo da glicosa; constitúe unha serie de 10 reaccións catalizadas por enzimas, nas que este composto de 6 átomos de carbono se transforma finalmente en dúas moléculas de piruvato (ou ácido pirúvico) de 3 átomos de carbono cada unha. No proceso, que ten lugar no citosol, libérase a enerxía suficiente para sitetizar dúas moléculas de ATP e dúas de NADH+ por molécula de glicosa. O piruvato é unha molécula orgánica, polo que contén ainda bastante enerxía ; pero esa enerxía só poderá obterse se o piruvato se oxida completamente a moléculas inorgánicas. Hoxe imos ver a glicólise e os destinos que pode seguir o piruvato resultante. Para empezar, déixovos algunhas animacións e un video moi divertido sobre este importantísimo proceso.
Animación 1(moi sinxela,útil para comprender o balance global)
Animación 2 (máis completa que a anterior, para seguir todas as reacción paso a paso)
domingo, 20 de enero de 2013
miércoles, 9 de enero de 2013
Somos química
Chegados a esta altura do curso, xa vos teredes decatado da estreita relación entre a bioloxía e a química. Ambas son ciencias básicas e, a certos niveis, é imprescindible ter uns coñecementos rudimentarios de química para entender o fenómeno que chamamos vida. E é que os seres vivos non só estamos formados por substancias químicas, senón que moitas desas substancias están a transformarse noutras por medio dos procesos coñecidos como metabolismo. Obviamente tamén para comprender moitos aspectos da química é necesario coñecer rudimentos de bioloxía ; ao fin e ao cabo as reaccións metabólicas son unhas reaccións químicas moi peculiares. Como queira que algúns de vos estades preocupados polos vosos escasos coñecementos de química básica, déixovos unha que pode ser de moita utilidade:
Quimicaweb: cambios químicos
Quimicaweb: cambios químicos
Suscribirse a:
Comentarios (Atom)