miércoles, 9 de enero de 2013

Somos química

Chegados a esta altura do curso, xa vos teredes decatado da estreita relación entre a bioloxía e a química. Ambas son ciencias básicas e, a certos niveis, é imprescindible  ter uns coñecementos rudimentarios de química para entender o fenómeno que chamamos vida. E é que os seres vivos non só  estamos formados por substancias químicas, senón que moitas desas substancias están a transformarse noutras por medio dos procesos coñecidos como metabolismo. Obviamente tamén para comprender moitos aspectos da química é necesario coñecer rudimentos de bioloxía ; ao fin e ao cabo  as reaccións metabólicas  son unhas reaccións químicas moi peculiares. Como queira que algúns de vos estades preocupados polos vosos escasos coñecementos de química básica, déixovos unha  que pode ser de moita utilidade:
Quimicaweb: cambios químicos



miércoles, 21 de noviembre de 2012

De obrigada lectura

Déixovos este artigo imprescindible do xeólogo Francisco Anguita, publicado hoxe mesmo no xornal El País.
Ir ao artigo

viernes, 16 de noviembre de 2012

Estrelas

Seguro que vos extraña  esta entrada nun blog de bioloxía . Que demo terán que ver as estrelas cos seres vivos?. Non, non me refiro á fotosíntese. Se tedes un pouquiño de tempo, non deixedes de ler isto. Xa me contaredes que vos parece...