Onte en clase abordamos a teoría darwiniana da evolución, que propón que o proceso de selección natural é o motor do cambio xenético das poboacións. A selección só pode actuar se hai "variantes", así que .. cal é a orixe das variantes xenéticas ?. Calquer libro de bioloxía de secundaria dirá que a fonte última da variabilidade son as mutacións, pero que esta variedade se amplifica co proceso de recombinación que ten lugar la profase meiótica das células xerminais, destinadas a producir gámetas para a reproducción sexual. Dito doutro modo, a mutación produce cambios nos xenes e recombinación produce cambios nas combinacións de xenes. Pero hai outra maneira de producir novas variantes: adquirir novos xenes procedentes doutros organismos, proceso ao que cada vez se lle da máis importancia e que se coñece como transferencia horizontal de xenes. Xa sabiamos que as bacterias fan isto de forma moi frecuente; así é como moitas adquiren xenes que lles permiten resistir aos antibióticos. Pero polo que parece , tamén os eucariotas poden facer iso de cando en vez. Fascinante! .. Que argumentos lles quedarán agora aos activistas "antitransxénicos"? (se é que lles quedaba algún mínimamente razoable).
martes, 21 de abril de 2015
miércoles, 11 de marzo de 2015
Xenética mendeliana na rede
Déixovos algunhas ligazóns moi útiles para o tema da xenética clásica:
Recursostic 4ºESO (Menú contenidos, puntos 3, 4 e 5)
Cienciasnaturales.es (Índice: Genética>Genética mendeliana)
bioinformatica.uab.es (Conceptos básicos e leis de Mendel)
Educastur Bio2º bac
Wiley.com (Animación flash en inglés: principios básicos , experimentos de Mendel e leis de Mendel)
Apuntes(Síntese da xenética mendeliana)
Recursos varios (exercicios, glosarios, animacións...)
Exercicios resoltos (nivel 4º ESO)
Exercicios 2ºbacharelato (Con solucións)
Exercicios resoltos (nivel bacharelato/universitario)
Los fantasmas de Tanzania (Animación sobre o albinismo e a súa transmisión xenética)
E a máis divertida: cría pichóns virtualmente

domingo, 2 de noviembre de 2014
Historias de glícidos
Ainda que un pouco tarde , inauguramos os posts deste curso con este artigo que publica José Manuel López Nicolás no seu blog persoal "Scientia". Aproveito para manifestar a miña adicción a este blog, ao meu parecer un un dos mellores e máis entretidos sobre divulgación científica. O título do artigo é "La arqueobacteria que convirtió una patata en el perfume más innovador del mundo". Desfrutádeo.
lunes, 24 de febrero de 2014
Xenética mendeliana
En 1865, un frade chamado Gregor Mendel, publicou os resultados dos seus experimentos de "hibridación" con plantas de chícharo ou ervilla (Pisum sativum), que o levaron ao descubrimento dos principios fundamentais da xenética. Mendel demostrou que as características hereditarias se transmiten en unidades discretas, que el denominou elementos ou factores, que se herdan por separado en cada xeración. Eses factores ou elementos son o que hoxe chamamos xenes .
Déixovos unha selección de ligazóns sobre os experimentos de Mendel e xenética clásica:
Biosfera 4º ESO
Recursostic secundaria
Animación(en inglés)
Simulación interactiva de experimentos de hibridación
Bionova

martes, 10 de diciembre de 2013
Membranas biolóxicas
Déixovos algunhas animacións interesantes sobre a estructura e composición das membranas biolóxicas:
Animación 1(En inglés, pero moi didáctica e doada de entender). Inclúe modalidades de transporte
Animación 2. Traducida ao español. As animacións desta páxina son xa atodo un clásico, e sempre espectaculares.
Animación 3. Está en inglés, pero é moi sinxela; invítavos a construir unha membrana escollendo os elementos adecuados.

| Imaxe de http://www.shmoop.com |
lunes, 2 de diciembre de 2013
Entrevista a Venki Ramakrishnan
Hoxe mesmo, no xornal "Faro de Vigo" pubícase unha interesante entrevista a o Premio Nobel de Química de 2009, Venki Ramakrishnan, quen recibiu o galardón xunto a Thomas Steitz e Ada Yonath, polo seu traballo sobre os ribosomas bacterianos .
Podedes acceder á entrevista aquí
Podedes acceder á entrevista aquí
lunes, 25 de noviembre de 2013
Suscribirse a:
Entradas (Atom)