martes, 21 de abril de 2015

Orixe da variabilidade xenética e transferencia horizontal de xenes

Onte  en clase abordamos a teoría darwiniana da evolución, que propón que o proceso de selección natural é o motor do cambio xenético das poboacións. A selección só pode actuar se hai "variantes", así que .. cal é a orixe das variantes xenéticas ?. Calquer libro de bioloxía  de secundaria dirá que a fonte última da variabilidade son as mutacións, pero que esta variedade se amplifica co proceso de recombinación que ten lugar la profase meiótica das células xerminais, destinadas a producir gámetas  para a reproducción sexual. Dito doutro modo, a mutación produce cambios nos xenes  e  recombinación  produce cambios nas combinacións de xenes. Pero hai outra maneira de producir novas variantes: adquirir novos xenes  procedentes doutros organismos, proceso ao que cada vez se lle da máis importancia e que se coñece como transferencia horizontal de xenes. Xa sabiamos que as bacterias fan isto de forma moi frecuente; así é como moitas adquiren xenes que lles permiten resistir aos antibióticos. Pero polo que parece , tamén os eucariotas  poden facer iso de cando en vez. Fascinante! .. Que argumentos lles quedarán agora aos activistas "antitransxénicos"? (se é que lles quedaba algún mínimamente razoable).



miércoles, 11 de marzo de 2015

Xenética mendeliana na rede

Déixovos algunhas ligazóns moi útiles  para o tema da xenética clásica:
Recursostic 4ºESO  (Menú contenidos, puntos 3, 4 e 5)
Cienciasnaturales.es (Índice: Genética>Genética mendeliana)
bioinformatica.uab.es (Conceptos básicos e leis de Mendel)
Educastur Bio2º bac
Wiley.com (Animación flash en inglés: principios básicos , experimentos de Mendel e leis de Mendel)

Apuntes(Síntese da xenética mendeliana)
Recursos varios (exercicios, glosarios, animacións...)
Exercicios resoltos (nivel 4º ESO)
Exercicios 2ºbacharelato (Con solucións)
Exercicios resoltos (nivel bacharelato/universitario)

Los fantasmas de Tanzania (Animación sobre o albinismo  e a súa transmisión xenética)

E a máis divertida: cría pichóns virtualmente