martes, 21 de abril de 2015

Orixe da variabilidade xenética e transferencia horizontal de xenes

Onte  en clase abordamos a teoría darwiniana da evolución, que propón que o proceso de selección natural é o motor do cambio xenético das poboacións. A selección só pode actuar se hai "variantes", así que .. cal é a orixe das variantes xenéticas ?. Calquer libro de bioloxía  de secundaria dirá que a fonte última da variabilidade son as mutacións, pero que esta variedade se amplifica co proceso de recombinación que ten lugar la profase meiótica das células xerminais, destinadas a producir gámetas  para a reproducción sexual. Dito doutro modo, a mutación produce cambios nos xenes  e  recombinación  produce cambios nas combinacións de xenes. Pero hai outra maneira de producir novas variantes: adquirir novos xenes  procedentes doutros organismos, proceso ao que cada vez se lle da máis importancia e que se coñece como transferencia horizontal de xenes. Xa sabiamos que as bacterias fan isto de forma moi frecuente; así é como moitas adquiren xenes que lles permiten resistir aos antibióticos. Pero polo que parece , tamén os eucariotas  poden facer iso de cando en vez. Fascinante! .. Que argumentos lles quedarán agora aos activistas "antitransxénicos"? (se é que lles quedaba algún mínimamente razoable).



No hay comentarios:

Publicar un comentario