viernes, 21 de octubre de 2016

A persistencia da lactasa

Este estupendo documental de Biointeractive desenvolve o contido do traballo sobre a intolerancia á lactosa (ou a persistencia da actividade da lactasa nos adultos). Aproveitádeo!

 Se non son visibles os subtítulos en castelán, premede no botón "settings", na parte inferior dereita  do vídeo; e escollede os subtítulos en español.
                                                                                                                                                                           


 Tamén tedes boa información nas seguintes ligazóns. Fixádevos que non está moi investigada a incidencia da intolerancia á lactosa en España. Algunhas estimacións sitúana no 15% da poboación total e outras estímana entre o 20% e o 40% (probablemente varía segundo a rexión ou a comunidade autónoma).
Blog Gominolas de petróleo
Blog Dimetilsulfuro
Fogonazos
El Mundo salud
Esmateria
Consumer

Glícidos

martes, 4 de octubre de 2016

Biomoléculas

Déixovos varias animacións interesantes sobre os contidos que estivemos a ver en clase:
Tipos de enlaces químicos
Tipos de enlaces químicos 2

 Principais grupos funcionais presentes nas biomoléculas orgánicas:
Grupos funcionais

sábado, 16 de abril de 2016

Mutacións

Déixovos a presentación completa sobre mutacións, así como un vídeo sobre a selección natural e algunhas ligazóns de interese. Estade atentos entre hoxe e mañá ao edmodo, onde subirei algúns exercicios de xenética.
Vídeo Selección natural:


Ligazóns:

Mutaciones
Selección natural

jueves, 14 de abril de 2016

Teoría cromosómica da herdanza

Herdanza mendeliana

Gametoxénese

Ciclos vitais

Ciclo celular

Regulación da expresión xenética

miércoles, 27 de enero de 2016

Cantas células hai no corpo humano?

Unha nova e recente estimación do número de células que constitúen o corpo humano  deu como resultado que son 30 billóns (1 billón = 1012 ). Sorprendérome un par de cousas  deste resultado: a primeira que as células máis abundantes son os glóbulos vermellos  ou eritrocitos (nada menos que o 84% do total);  xa sei que son células moi pequenas, pero ainda así parecéronme moitas. A segunda sorpresa foi que  o número de bacterias que compoñen a nosa microbiota  superan ás células propias  só por moi pouco : hai en total 39 billóns . Ate agora dicíase que  no noso corpo había 10 bacterias por cada célula propia.
Ler o artigo completo na sección ce Ciencia do xornal El País


Encimas