miércoles, 27 de enero de 2016

Cantas células hai no corpo humano?

Unha nova e recente estimación do número de células que constitúen o corpo humano  deu como resultado que son 30 billóns (1 billón = 1012 ). Sorprendérome un par de cousas  deste resultado: a primeira que as células máis abundantes son os glóbulos vermellos  ou eritrocitos (nada menos que o 84% do total);  xa sei que son células moi pequenas, pero ainda así parecéronme moitas. A segunda sorpresa foi que  o número de bacterias que compoñen a nosa microbiota  superan ás células propias  só por moi pouco : hai en total 39 billóns . Ate agora dicíase que  no noso corpo había 10 bacterias por cada célula propia.
Ler o artigo completo na sección ce Ciencia do xornal El País


No hay comentarios:

Publicar un comentario