domingo, 20 de enero de 2013

Glicólise

A D-glicosa é o principal combustible da maioría das células e organismos . A glicosa é rica en enerxía; a súa oxidación completa a CO2 e H2O rende unhas 4 kcal/g.
A glicólise é a parte inicial da degradación ou catabolismo da glicosa; constitúe unha serie de 10 reaccións catalizadas por enzimas, nas que este composto de 6 átomos de carbono se transforma finalmente en dúas moléculas de piruvato (ou ácido pirúvico) de 3 átomos de carbono cada unha. No proceso, que ten lugar no citosol,  libérase a enerxía suficiente para sitetizar dúas moléculas de ATP e dúas de NADH+  por molécula de glicosa.  O piruvato é  unha molécula orgánica, polo que contén ainda bastante enerxía ; pero esa enerxía só poderá obterse se o piruvato se oxida completamente a moléculas inorgánicas.  Hoxe imos ver a glicólise e os destinos que pode seguir o piruvato resultante. Para empezar, déixovos algunhas animacións e un video moi divertido sobre este importantísimo proceso.
Animación 1(moi sinxela,útil para comprender o balance global)
Animación 2 (máis completa que a anterior, para seguir todas as reacción paso a paso)

No hay comentarios:

Publicar un comentario