miércoles, 9 de enero de 2013

Somos química

Chegados a esta altura do curso, xa vos teredes decatado da estreita relación entre a bioloxía e a química. Ambas son ciencias básicas e, a certos niveis, é imprescindible  ter uns coñecementos rudimentarios de química para entender o fenómeno que chamamos vida. E é que os seres vivos non só  estamos formados por substancias químicas, senón que moitas desas substancias están a transformarse noutras por medio dos procesos coñecidos como metabolismo. Obviamente tamén para comprender moitos aspectos da química é necesario coñecer rudimentos de bioloxía ; ao fin e ao cabo  as reaccións metabólicas  son unhas reaccións químicas moi peculiares. Como queira que algúns de vos estades preocupados polos vosos escasos coñecementos de química básica, déixovos unha  que pode ser de moita utilidade:
Quimicaweb: cambios químicos



No hay comentarios:

Publicar un comentario