viernes, 18 de octubre de 2013

domingo, 13 de octubre de 2013

Ósmose interactiva

Nesta animación interactiva simúlase o comportamento dunha célula ante variacións da concentración de solutos no seu contorno e no citoplasma. No centro  aparece representada a membrana celular, á súa dereita está  o medio externo e á esquerda o interior da célula.  O punto de partida é unha situación de equilbrio, na que ambos medios son isotónicos. Se premedes no botón "update concentrations" aparecerán representadas as moléculas de auga (en azul) e os ións positivos e negativos do sal (verde e vermello). Ao premer no botón "Run model", as partículas aparecerán en movemento. Cos botóns de control que aparecen abaixo podedes modificar as concentracións de soluto e disolvente dentro e fóra da célula e observar o que acontece (non esquecer premer "Update concentratons" e "Run model" despois de facer calquer modificación). Despois de  manexar a animación e observar detidamente ás partículas de disolvente e soluto quizáis poidades contestar dúas preguntas:

1. Por que os ións do soluto non poden atravesar a membrana e as moléculas de auga sí?
2. Ao aumentar a concentración de sal nun compartimento, por que entran nel máis moléculas de auga das que saen?

Seguindo coa ósmose, no seguinte vídeo podedes ver a un paramecio, protista unicelular que vive en medios de auga doce, expulsando auga mediante o seu vacúolo pulsátil. Por que este organismo depende do funcionamento deste vacúolo?

miércoles, 9 de octubre de 2013

Ciencia básica e ciencia aplicada

Un dos aspectos que tratamos en clase foi o da diferenciación entre  ciencia básica e ciencia aplicada. Supostamente a ciencia importante, a que realmente vai ter impacto na nosa calidade de vida , é a que busca aplicacións prácticas que proporcionarían ademáis rendemento económico. Así, buscar unha vacina contra a malaria ou a sida, sería ciencia aplicada, pero buscar exoplanetas sería ciencia básica. A primeira tería utilidade e debería financiarse máis ou menos xenerosamente, a segunda  non tería utilidade  e quizáis non deberíamos gastar diñeiro nela.... ou sí?. A charla de José Manuel López Nicolás  en Naukas Bilbao 2013 pode axudarnos a comprender que ciencia só hai unha; non existe a ciencia aplicada, existen as aplicacións da ciencia. E nunca se sabe onde imos atopar unha aplicación útil. Desfrutade da charla, e , se queredes máis, aquí tedes outras dúas interesantes charlas do mesmo autor.

lunes, 7 de octubre de 2013

Método científico

Para abrir as entradas do curso 2013-14, nada mellor que esta sinxela explicación de como funciona o método científico.