Mostrando entradas con la etiqueta Auga. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Auga. Mostrar todas las entradas
lunes, 9 de octubre de 2017
lunes, 5 de octubre de 2015
domingo, 13 de octubre de 2013
Ósmose interactiva
Nesta animación interactiva simúlase o comportamento dunha célula ante variacións da concentración de solutos no seu contorno e no citoplasma. No centro aparece representada a membrana celular, á súa dereita está o medio externo e á esquerda o interior da célula. O punto de partida é unha situación de equilbrio, na que ambos medios son isotónicos. Se premedes no botón "update concentrations" aparecerán representadas as moléculas de auga (en azul) e os ións positivos e negativos do sal (verde e vermello). Ao premer no botón "Run model", as partículas aparecerán en movemento. Cos botóns de control que aparecen abaixo podedes modificar as concentracións de soluto e disolvente dentro e fóra da célula e observar o que acontece (non esquecer premer "Update concentratons" e "Run model" despois de facer calquer modificación). Despois de manexar a animación e observar detidamente ás partículas de disolvente e soluto quizáis poidades contestar dúas preguntas:
1. Por que os ións do soluto non poden atravesar a membrana e as moléculas de auga sí?
2. Ao aumentar a concentración de sal nun compartimento, por que entran nel máis moléculas de auga das que saen?
Seguindo coa ósmose, no seguinte vídeo podedes ver a un paramecio, protista unicelular que vive en medios de auga doce, expulsando auga mediante o seu vacúolo pulsátil. Por que este organismo depende do funcionamento deste vacúolo?

lunes, 15 de octubre de 2012
Auga
E aquí tedes a presentación sobre a auga. E unha pequena broma : Monóxido de dihidróxeno , substancia química moi perigosa
Suscribirse a:
Entradas (Atom)