Mostrando entradas con la etiqueta ósmose. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta ósmose. Mostrar todas las entradas

domingo, 13 de octubre de 2013

Ósmose interactiva

Nesta animación interactiva simúlase o comportamento dunha célula ante variacións da concentración de solutos no seu contorno e no citoplasma. No centro  aparece representada a membrana celular, á súa dereita está  o medio externo e á esquerda o interior da célula.  O punto de partida é unha situación de equilbrio, na que ambos medios son isotónicos. Se premedes no botón "update concentrations" aparecerán representadas as moléculas de auga (en azul) e os ións positivos e negativos do sal (verde e vermello). Ao premer no botón "Run model", as partículas aparecerán en movemento. Cos botóns de control que aparecen abaixo podedes modificar as concentracións de soluto e disolvente dentro e fóra da célula e observar o que acontece (non esquecer premer "Update concentratons" e "Run model" despois de facer calquer modificación). Despois de  manexar a animación e observar detidamente ás partículas de disolvente e soluto quizáis poidades contestar dúas preguntas:

1. Por que os ións do soluto non poden atravesar a membrana e as moléculas de auga sí?
2. Ao aumentar a concentración de sal nun compartimento, por que entran nel máis moléculas de auga das que saen?

Seguindo coa ósmose, no seguinte vídeo podedes ver a un paramecio, protista unicelular que vive en medios de auga doce, expulsando auga mediante o seu vacúolo pulsátil. Por que este organismo depende do funcionamento deste vacúolo?