domingo, 2 de noviembre de 2014

Historias de glícidos

Ainda que un pouco tarde , inauguramos os posts deste curso con este artigo  que publica José Manuel López Nicolás no seu blog persoal "Scientia". Aproveito para manifestar a miña adicción a este blog, ao meu parecer un un dos mellores e máis entretidos  sobre divulgación científica.  O título  do artigo é "La arqueobacteria que convirtió una patata en el perfume más innovador del mundo". Desfrutádeo.

lunes, 24 de febrero de 2014

Xenética mendeliana

En 1865, un frade  chamado  Gregor Mendel, publicou os resultados dos seus experimentos de "hibridación"  con plantas de chícharo ou ervilla (Pisum sativum), que o levaron ao descubrimento dos principios fundamentais  da xenética. Mendel demostrou que as características hereditarias se transmiten en unidades discretas, que el denominou  elementos ou factores, que se herdan por separado en cada xeración. Eses factores ou elementos son o que hoxe chamamos xenes .
Déixovos unha selección de ligazóns sobre os experimentos de Mendel e xenética clásica:

Biosfera 4º ESO
Recursostic secundaria
Animación(en inglés)
Simulación interactiva de experimentos de hibridación
Bionova


martes, 10 de diciembre de 2013

Membranas biolóxicas

Déixovos algunhas animacións interesantes sobre a estructura e composición das membranas biolóxicas:

Animación 1(En inglés, pero moi didáctica e doada de entender). Inclúe modalidades de transporte
Animación 2. Traducida ao español. As animacións desta páxina son xa atodo un clásico, e sempre espectaculares.
Animación 3. Está en inglés, pero é moi sinxela; invítavos a construir unha membrana escollendo os elementos adecuados.
Imaxe de http://www.shmoop.com

lunes, 2 de diciembre de 2013

Entrevista a Venki Ramakrishnan

Hoxe mesmo, no xornal "Faro de Vigo" pubícase unha interesante entrevista  a o Premio Nobel de Química de 2009, Venki  Ramakrishnan, quen recibiu o galardón xunto a Thomas Steitz e Ada Yonath, polo seu traballo sobre os ribosomas bacterianos .
Podedes acceder á entrevista aquí

viernes, 18 de octubre de 2013

domingo, 13 de octubre de 2013

Ósmose interactiva

Nesta animación interactiva simúlase o comportamento dunha célula ante variacións da concentración de solutos no seu contorno e no citoplasma. No centro  aparece representada a membrana celular, á súa dereita está  o medio externo e á esquerda o interior da célula.  O punto de partida é unha situación de equilbrio, na que ambos medios son isotónicos. Se premedes no botón "update concentrations" aparecerán representadas as moléculas de auga (en azul) e os ións positivos e negativos do sal (verde e vermello). Ao premer no botón "Run model", as partículas aparecerán en movemento. Cos botóns de control que aparecen abaixo podedes modificar as concentracións de soluto e disolvente dentro e fóra da célula e observar o que acontece (non esquecer premer "Update concentratons" e "Run model" despois de facer calquer modificación). Despois de  manexar a animación e observar detidamente ás partículas de disolvente e soluto quizáis poidades contestar dúas preguntas:

1. Por que os ións do soluto non poden atravesar a membrana e as moléculas de auga sí?
2. Ao aumentar a concentración de sal nun compartimento, por que entran nel máis moléculas de auga das que saen?

Seguindo coa ósmose, no seguinte vídeo podedes ver a un paramecio, protista unicelular que vive en medios de auga doce, expulsando auga mediante o seu vacúolo pulsátil. Por que este organismo depende do funcionamento deste vacúolo?